Normativa

Para a práctica das diferentes modalidades deportivas teremos que seguir as seguintes normas marcadas polos socios fundadores da seguinte liga tan importante a nivel mundial:

  • Formaremos equipos mixtos de 6 compoñentes (nenas e nenos no mesmo equipo)
  • Cada equipo poñerá un nome ao equipo e describirá como é o logo do seu equipo (despois se creará un por cada equipo)
  • As modalidades deportivas serán:
  1. Primaria: fútbol, baloncesto, Datchball ou brilé
  2. ESO: fútbol, baloncesto, Datchball
  • Xogaremos partidos de 20 minutos a cada modalidade deportiva. Poderemos ampliar os tempos dos partidos a un máximo de 30 minutos contando cos recreos do comedor. En caso de rematar un partido (tipo Datchball), iniciamos outra partida nova ata que pasen eses 12 minutos (se indicará a que equipo lle toca xogar en cada momento). Teremos un calendario cos enfrontamentos e modalidade de xogo cada semana
  • En cada partido un compoñente de cada equipo escollerá dunha maleta unha carta que pode empregar cando desexen, pero só a poderán abrir no momento que eles decidan. As cartas teñen posibilidades diferentes e se cambiarán cada semana (vantaxes ou inconvenientes)
  • Se poderán cambiar partidos ou adiar por causas de mal tempo ou exames, recollendo as mesmas e explicando a unanimidade ao profesorado de Educación Física para escoller novas datas
  • No caso de aprazamento por mal tempo ou exames teremos os venres ou novas datas ao rematar as diferentes xornadas estipuladas
  • Arbitrará o alumnado que non teña que xogar ese día
  • Cada vitoria nun partido reporta 3 puntos, o empate 1 punto e a derrota 0 puntos (+3) ou (+1) ou 0
  • Xogo limpo: por ofender aos contrarios, compañeiros/as, etc. se restará un punto na clasificación (-1)
  • Por faltas de respecto ao árbitro se resta un punto (-1)
  • Se non se coida o material se resta un punto. Aquí se inclúe a recollida do material, coidado do mesmo, actas dos partidos entregadas no lugar adecuado... (-1)
  • Cada equipo no que exista o mesmo número de nenos e nenas (3 de cada) terá tres puntos extra na competición (AO INICIO DA COMPETICIÓN SE SUMARÁN ESES 3 PUNTOS A QUEN O CUMPLA) (+3)
  • Se nun partido están no campo só nenos ou só nenas, se penalizará con dous puntos ao equipo (-2)
  • Os equipos que teñen xogando no campo máis nenas que nenos durante polo menos a metade do tempo dun partido un punto extra nese partido (+1)
  •  Os equipos de 1º, 2º e 3º de Primaria, terán que animar cando descansen para poder conseguir 3 puntos na clasificación se o fan correctamente (+3)
  • Cando se arbitra se non o realizamos correctamente e imos en contra dun equipo se resta un punto para o noso equipo (-1)
  • Se animamos nos partidos os que non arbitran correctamente podemos conseguir un punto extra (+1)
  • Se cando animamos nun partido insultamos ou nos metemos coa xente que xoga, se resta un punto para o noso equipo (-1)
  • Cada partido gañado en Datchball ou brilé suma +3 puntos (+3)
  • Se realiza unha clasificación final de todo o centro educativo coas puntuacións semanais despois da recollida das actas
  • O equipo vencedor recibirá un premio para cada compoñente e un trofeo, así como xogar partidos de fútbol sala, baloncesto e datchball contra o profesorado!
  • Varios premios para o equipo vencedor, que se irán desvelando pouco a pouco ao longo do torneo

Todos los derechos reservados | CPI LAUREANO PRIETO A GUDIÑA 2023
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar